Escuchar
Jueves, 14 Marzo, 2019

Dúas persoas resultaron feridas de consideración a causa de dous accidentes en A Veiga e Val do Dubra

O primeiro dos accidentes acontecía pasadas as 16:30 horas desta tarde na Veiga, cando un operario recibía o impacto no se peito dunha ferramenta de traballo.

Foi nese intre, cando o persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia o desprazamento do helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender ao ferido. Nada máis recibido o aviso, os xestores de emerxencias alertaban aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil da localidade.

Ademais, pasados uns minutos nunha persoa particular chamaba ao 112 Galicia pedindo asistencia para unha persoa que caera do tellado dunha vivenda no concello de Val de Dubra, concretamente na parroquia de Portomouro. Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias que desprazou ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Así mesmo púxose o suceso en coñecemento dos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez os servizos de emerxencia desprazados en ambos lugares estabilizaron ás persoas, as aeronaves trasladaron aos feridos os centros hospitalarios de referencia.