Escuchar
Viernes, 24 Mayo, 2019

Un traballador foi trasladado en helicóptero despois de sufrir unha caída dende, aproximadamente, unha altura duns dous metros, na parroquia pontevedresa de Santa Baia de Losón, en Lalín.

Os efectivos do servizo sanitario de urxencia puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar dos feitos poucos minutos antes das 10:20 horas da mañá de hoxe. Solicitaban a colaboración do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para coordinar a aterraxe do helicóptero medicalizado con base en Ourense e trasladar ao ferido.

De inmediato, os xestores do CIAE solicitaron a intervención da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, do GES de Lalín e a dos membros de Protección Civil da localidade.

Finalmente, o ferido foi evacuado na aeronave ao centro hospitalario de referencia.