Escuchar
Lunes, 12 Agosto, 2019

Un home faleceu onte despois de caer á auga do río Miño, ao paso por Guntín.

O corpo sen vida do pescador foi localizado dúas horas despois de que os compañeiros o viran caer á auga mentres pescaban no lugar de Santoalla, no límite entre os concellos de Guntín e Portomarín.

Deste xeito, a primeira chamada de alerta ao 112 Galicia produciuse pasados uns minutos das oito da tarde de onte, cando un grupo de catro persoas practicaba a pesca na parroquia de Francos e unha delas caeu ao río. Decontado, activouse un operativo para dar co home, ao que perderan de vista, que foi localizado en Santoalla unhas dúas horas despois sen vida.

Na busca colaboraron os Bombeiros de Chantada, os membros do GES de Monterroso, voluntarios de Protección Civil de Portomarín, axentes da Garda Civil e servizos sanitarios de urxencia, que nada puideron facer por salvar a vida do home.