Escuchar
Consello setembro 2019

En setembro a actividade no campo é maior pola trasfega de remolques e tractores que dibuxan un panorama coñecido ao redor dos viñedos coa recollida da uva. Por iso, e porque o movemento nas leiras, nos terreos ou nas veigas é maior, recomendamos aos traballadores deste eido ter en conta estes consellos:

En canto ao teu tractor:

  • Extrema as precaucións no desprazamento debido ás irregularidades do terreo
  • Usa sempre o cinto de seguridade
  • En caso de envorcadura, permanece dentro do tractor e agárrate forte ao volante ou asa
  • Especial atención en estradas secundarias próximas aos viñedos

​No viñedo ou noutras actividades do campo:

  • Realiza un recoñecemento exhaustivo da parcela (árbores, chan, muros, etc.) e comproba que non existen niños de velutina na zona.
  • Se atopas un niño, mantén a distancia
  • As roupas de cores vivas atraen ás avespas e ás abellas, evítaas
  • Non fagas movementos bruscos, xa que estes insectos reaccionan cando notan unha ameaza
  • Ante un ataque, afástate o máis rápido posible da zona e busca refuxio
  • Podes chamar ao teléfono da Xunta de Galicia 012 ou ao número único de atención ás emerxencias 112.