Escuchar
Jueves, 7 Noviembre, 2019

Unha muller resultou ferida esta mañá despois de que o coche no que circulaba envorcase na A-54, á altura de Santiago de Compostela. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a muller, que puido saír polos seus propios medios do turismo accidentado, foi trasladada a un centro hospitalario.

O sinistro produciuse no punto quilométrico 88 da autovía, en sentido ao aeroporto, e foi necesario cortar un carril nesta dirección da circulación para restablecer as condicións de seguridade na vía.

Varias persoas particulares alertaron do ocorrido ao 112 Galicia ao fío das 9:45 horas. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santiago de Compostela, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico. Ademais, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención do servizo de mantemento da vía.