Escuchar
Lunes, 3 Febrero, 2020

Un accidente rexistrado á altura da Igrexa de San Breixo de Chapa, en Silleda, obrigou a intervir aos bombeiros para liberar á condutora dun turismo que bateu contra unha árbore.

No coche ía outra persoa que, se ben estaba liberada e accesible, necesitou asistencia médica, polo que tamén foi evacuado polos servizos sanitarios de urxencia.

Este sinistro rexistrouse no 112 Galicia ás 20:30 horas de onte, tal e como indicaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron ao lugar do accidente unha dotación para atender a dúas mulleres que acababan de sufrir un accidente preto da Igrexa de San Breixo de Chapa. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o vehículo no que viaxaban saíuse da vía e bateu contra unha árbore. Como consecuencia do impacto, a condutora quedou atrapada no interior do coche, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Deza. 

Unha vez liberada, a condutora e acompañante foron trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Cómpre sinalar que este operativo contou coa colaboración e apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Arde un coche en Santiago despois de saírse da vía
Por outra banda, en Santiago, un coche ardeu por completo despois de sufrir un accidente na Rúa Sánchez Freire. A persoa que alertou ao 112 Galicia cando se aproximaba á unha desta madrugada asegurou que habia dúas persoas feridas, liberadas e accesibles. Non obstante, os bombeiros da cidade tiveron que intervir para sufocar o incendio orixinado no vehículo, que acabou completamente calcinado.

Ademais dos efectivos de salvamento e extinción de incendio, ao lugar acudiron os profesionais sanitarios e os axentes da Policía Local.