Escuchar

Estamos cada vez máis preto de recuperar antigos hábitos. Volver a camiñar polas rúas e mesmo poder reunirnos con persoas da nosa contorna máis próxima son situacións que, sen lugar a dúbida, botamos en falta.

Para avanzar a pasos firmes, sen medo e sen a necesidade de volver empezar, hai un xesto moi importante que debemos ter en conta: lavar as mans con frecuencia.

Cando debo facelo?

  • Hixieniza as mans antes e despois de saír de casa
  • Procura lavalas sempre que teñas contacto con superficies que supoñan un posible foco de contaxio
  • Tras esbirrar, tusir ou soarse o nariz
  • Despois do contacto con alguén que esbirra ou tose
  • Despois de usar o baño, o transporte público e antes e despois de comer

Agora, máis que nunca, seguir as recomendacións para frear a propagación do virus está nas nosas mans.