Escuchar
Jueves, 21 Mayo, 2020

O corpo sen vida dun varón sesaxenario foi atopado esta tarde flotando nunha piscina dentro da súa propiedade situada na Rúa de Ramón y Cajal, no concello pontevedrés de Mondariz.

Os feitos sucederon ao fío das 17:30 horas, momento no que un veciño chamaba ao 112 Galicia para solicitar axuda urxente para un home que fora encontrado no interior da piscina.

A partir de aí, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos profesionais sanitarios que, unha vez no lugar, e pese ao esforzo empregado por salvarlle a vida, soamente puideron confirmar o seu falecemento.

Desde o 112 Galicia solicitouse tamén a colaboración dos axentes da Garda Civil co fin investigar as circunstancias que rodean o suceso. Ademais, pasouse aviso aos Bombeiros do Porriño e aos membros de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea.