Alertas activas:

Escuchar
Domingo, 9 Agosto, 2020

Unha muller necesitou asistencia sanitaria, este mediodía, despois de precipitarse desde un andamio ao intentar coller o seu gato que se escapara da casa.

Segundo a información facilitada aos xestores do 112 polos equipos de emerxencia, debido á inestabilidade da estrutura usada para tratar de alcanzar ao felino, a muller caeu desde un segundo piso e sufriu diversas lesións. O suceso tivo lugar á altura do número 5 da Rúa de Vilagarcía de Arousa.

A solicitude de axuda chegou ao 112 Galicia a través das chamadas de varios particulares que foron testemuñas do incidente ocorrido ás 13:00 horas de hoxe. Dese xeito, desde o Centro Integrado de Emerxencias de Galicia pasouse aviso aos servizos sanitarios, aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil da cidade.