Escuchar
Martes, 12 Enero, 2021

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta tarde a un condutor que resultou ferido despois colidir co seu coche cun camión grúa en Vigo.

Ocorreu ás 16:45 horas de hoxe na VG-20, á altura da saída do Polígono Industrial, sentido Rebullón, tal e como alertaron varias persoas particulares que chamaban ao 112 Galicia para dar conta do accidente.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vigo, pois existía a posibilidade que o ocupante estivese atrapada no interior do turismo. Unha vez no lugar do accidente, puideron comprobar que o ocupante estaba liberado e accesible, polo que descartaron empregar o material de excarceración.

Ademais, o persoal do 112 Galicia informou do accidente aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local, aos voluntario de Protección Civil da localidade e aos recursos de limpeza e mantemento da vía.