
Non é conto ningún que nas paredes das chemineas acumúlase co uso e o desuso restos e lixo, isto é, un cóctel perfecto para formarse o incendio perfecto se non intervimos a tempo.
Antes de que chegue o frío, poñamos a punto estas instalacións, ben sexa a través dun desenfeluxador que desenfeluxe, ben polo noso propio esforzo por deixar esa cheminea perita e nun estado inmellorable para funcionar a toda leña. Pensa que unha acumulación excesiva de feluxe no conduto de fumes pode provocar a rotura do mesmo e incendiar a vivenda. Ademais, aumenta sensiblemente o consumo e a contaminación. Axúdanos a evitar este tipo de situacións cunha acción preventiva.
Con todo, en caso de intenso fume ou mesmo incendio, recorda o seguinte:
- Sae da estancia agochado, desprazándote a ras do chan para evitar a nube de fume
- No caso de que o lume prenda na roupa dunha persoa, facela rodar polo chan pode servir de axuda
- En situacións nas que o lume poida alcanzar algún líquido infablame, aplicar panos húmidos
- Se nos necesitas, xa sabes onde estamos 1-1-2.