Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Unha persoa falece tras ser alcanzada por un vehículo

Unha persoa resultou falecida esta madrugada no termo municipal de Cambados, en Corvillón, tras ser atropelada por un vehículo na VG-4.3, á altura da saída de Corvillón, sentido AG-41.

Foi unha persoa particular a que contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia preto das 04:30 horas para comunicar o suceso e solicitar asistencia urxente para a que persoa que estaba tendida na vía. Así, o persoal do CIAE 112 Galicia alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ribadumia e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Ata ao lugar do accidente tamén acudiron a Policía Local e Protección Civil de Cambados, que ademais solicitaron medios de limpeza para retirar os restos do accidente e restablecer as condicións de seguridade na vía.

Neste momento as causas do suceso están a ser investigadas polas forzas de seguridade.

Tres feridos en Rábade
Así mesmo tres persoas resultaron feridas de carácter leve, unha delas unha nena de 16 meses, tras colidir pasadas as 19:45 horas de onte, dous vehículos na estrada de Lugo A Coruña, pouco antes do tanatorio da localidade.

A alerta foi recibida no CIAE-112 Galicia tras a chamada de varios persoas particulares que informaban do accidente. Con toda a información, os xestores de emerxencias pasaban o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local de Rábade.