Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Arde por completo unha vivenda en Mos

Un incendio arrasa por completo unha casa situada no lugar Arrubial, no termo municipal de Mos.

O suceso produciuse pasados uns minutos das 06:00 horas de hoxe. Nese intre, varias persoas particulares informaban ao 112 Galicia do ocorrido. Ademais, indicaban no seu relato que atopábase pegada a outra vivenda. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño, así como dos axentes da Policía Local da localidade. Do mesmo xeito, púxose o suceso en coñecemento da Garda Civil e dos membros de Protección Civil.

Segundo os datos facilitados polos Bombeiros ao 112 Galicia, a vivenda ardeu por completo quedando en pé só a estrutura da casa.

Incendio nun local de hostalería
Tamén rexistrouse un incendio na cociña dun local de hostalería situado na Avenida de Finisterre no concello de Arteixo.

Foi unha persoa particular quen alertou mediante a súa chamada ao 112 Galicia canda pasaban uns minutos das 22:00 horas da pasada noite. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou aos Bombeiros de Arteixo, aos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Unha vez extinguido o lume, os Bombeiros confirmaron que o incendio produciuse ao prender o aceite das frixideiras. Ademais indicaron que ningunha persoa resultou afectada polo fume.

Evacuada unha persoa tras chocar o seu vehículo contra un muro

Unha saída de vía ocorrido esta pasada media noite na localidade coruñesa de Porto do Son deixa unha persoa trasladada ao Centro Hospitalario Universitario de Santiago.

Todo comezou cando unha persoa particular chamaba, a esa hora, ao 112 Galicia, para pedir axuda. Indicaba no seu relato que un vehículo batera contra un muro ao sufrir unha saída de vía no punto quilométrico 82 da AC-550, e que o condutor atopábase ferido tendido na calzada.

Con estes datos, os profesionais do 112 Galicia axiña deron conta dos feitos ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Ribeira e á Garda Civil de Tráfico. Tamén informaron aos efectivos de Protección Civil da localidade.