Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Arde un alpendre con diversa maquinaria agrícola no seu interior en Cedeira

Un incendio declarado a pasada noite nun alpendre lindeiro a unha vivenda en Cedeira provocou diversos danos materiais no interior da construcción, sen que ningunha persoa resultase ferida. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ardeu un tractor, diversa maquinaria agrícola e leña acumulada.

Os feitos ocorreron no lugar de Meizoso, na parroquia de Régoa, ao fío das 3:50 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba do incendio ao 112 Galicia.

Nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ferrol, do GES de Ortigueira, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cedeira.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as labores de extinción do lume remataron ao redor das 6:15 horas.