Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Un home ferido de consideración ao ser alcanzado por unha embarcación en Vigo

O varón atopábase nas proximidades das bateas do porto de Bouzas e foi alcanzado por unha embarcación. A causa do accidente, o ferido, tras ser valorado polo persoal sanitario, foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. 

Unha persoa particular foi quen, ás 19:00 horas da tarde de onte, chamou ao 112 Galicia para solicitar auxilio médico urxente para o home. No seu relato, indicaba que o varón fora evacuado ao peirao á espera da asistencia despois de sufrir un incidente con unha embarcación.

Con estes datos, para prestar apoio aos profesionais sanitarios, desde o 112 Galicia informouse dos feitos ao equipo de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia, á Autoridade Portuaria de Vigo e tamén aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Igualmente, avisouse aos efectivos de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.