Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Un mozo, evacuado en helicóptero tras sufrir unha caída na contorna do río en Ribadetea, Ponteareas

Un mozo resultou ferido de gravidade tras desprenderse dunha corda e caer fóra do río en Ribadetea, Ponteareas.

A alerta sobre este accidente activouse no 112 Galicia ao fío das sete da tarde de onte despois de recibir o aviso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron á zona un equipo a bordo do helicóptero con base en Ourense.

Debido ás lesións ocasionadas pola caída e o estado inconsciente no que se atopaba o rapaz, os servizos sanitarios de urxencia prepararon o traslado do ferido na aeronave ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

En todo momento, o equipo médico contou coa colaboración dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES-Bombeiros de Ponteareas e dos voluntarios de Protección Civil da localidade, que acudiron ao lugar cunha ambulancia asistencial para ofrecer os primeiros coidados.