Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Feridas dúas persoas tras producirse un atropelo en Bueu

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá tras ser alcanzadas por un turismo na Rúa de Eduardo Vincenti, á altura do número 27, no termo municipal pontevedrés de Bueu.

Foi un particular quen, ás 08:30 horas, chamou ao 112 Galicia para dar conta dos feitos. De acordo co seu relato, dúas persoas necesitaban asistencia sanitaria despois de sufrir un atropelo. Pese as lesións sufridas a causa do impacto, ambos atopábanse liberados e accesibles.

Con estes datos, desde o 112 solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e tamén informouse aos Bombeiros do Morrazo e aos axentes da Policía Local.