Boletín Informativo das 09:00 horas do día 03/03/2021
Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas
Un operario sofre lesións importantes ao caerlle enriba unha vaca en Barreiros
Todo ocorreu no lugar onde está situada a explotación agrícola para a cal o home traballa, en Ladrido, no concello de Barreiros.
Unha persoa particular foi quen chamou ao 112 Galicia, sobre as dez e media desta mañá, para solicitar asistencia sanitaria para un traballador que resultara ferido. Tras a conversa, o alertante indicou aos xestores de emerxencias que unha vaca caera enriba do operario.
Así, con estes datos, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e de Protección Civil da localidade.