Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Catro persoas feridas, dous deles graves, tras colidir dous vehículos en Xinzo de Limia

Un total catro persoas foron atendidas tras chocar dous vehículos na parroquia de Sabucedo, na recta de Lamas a Ponte Liñares. Concretamente, un dos feridos tivo que ser liberado polos Bombeiros de Xinzo de Limia.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ás 10:15 horas e, de inmediato, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Xinzo de Limia, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e Protección Civil da localidade e de A Porqueira. Así mesmo, foi preciso a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense que, tras tomar terra nunha parcela próxima ao accidente, evacuou a dos feridos graves ao centro hospitalario de referencia.

Ademáis, informouse a persoal da empresa distribuidora de electricidade ao caer un poste por mor do accidente.