Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un veciño de Vilanova perde a vida tras sufrir un accidente co tractor que manexaba

Un home falece en Vilanova cando traballaba co seu tractor nunha finca da súa propiedade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o tráxico suceso produciuse pasadas as once desta mañá no lugar da Pantrigueira. Alí acudiron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que nada puideron facer por salvar a vida do home. Tamén desprazouse unha dotación dos Bombeiros do Salnés, mais descartaron intervir en canto comprobaron que a vítima estaba liberada e accesible. 

Pola súa banda, os axentes da Policía Local e da Garda Civil tratan, arestora, de aclarar as circunstancias que provocaron o accidente.

Evacuado en helicóptero un home que sufriu un disparo accidental mentres cazaba en Portomarín

Un home resultou ferido tras caer e dispararse accidentalmente nunha perna mentres cazaba en Portomarín.

Ocorreu ás 9:30 horas de hoxe, cando os compañeiros chamaron ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente debido a que o home estaba tendido nunha estrada do lugar de Soengas de Abaixo.

Así, pediuse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que acudiron ao lugar a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense para o traslado urxente ao mesmo hospital. 

Ademais, desde o 112 Galicia, avisouse aos axentes da Garda Civil con fin de comprobar que o disparo produciuse de forma accidental ao enredar o cazador cuns alambres e caer ao chan.