Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Falece un varón en Valga despois de ser atropelado por un turismo

Un home faleceu esta mañá en despois de ser atropelado por un turismo.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 09:30 horas. Foi a esa hora, cando un particular alertaba dun atropelo a un varón na N-550, fronte ao Concello de Valga.

A partir de aí, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia. Ademais, informouse á Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros do Salnés e aos membros do GES da localidade.

Unha vez no punto, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.