Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Excarcerado o condutor dun vehículo tras sufrir un accidente co coche que conducía no Bolo

Un home foi evacuado esta mañá en helicóptero despois de colidir dous vehículos que circulaban pola OU-0806, á altura da localidade do Bolo.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través da chamada de alerta dunha persoa particular, ás 10:45 horas desta mañá. Indicaba que unha persoa podía estar atrapada no interior dun dos turismos, posto que, unha das portas non se podía abrir.

Axiña, o persoal do 112 Galicia informaba do suceso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o lugar do sinistro un helicóptero medicalizado. Tamén, se pasou aviso aos Bombeiros de Valdeorras, aos axentes de Tráfico, aos membros do GES de Valdeorras e de Protección Civil da localidade.

Tras liberar ao ferido do interior do turismo, os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia o seu traslado na aeronave ata o centro hospitalario de referencia.