Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Trasladado en helicóptero medicalizado un traballador despois de precipitarse dun andamio na Estrada

Un operario foi evacuado polos servizos sanitarios, a bordo da aeronave medicalizada con base en Santiago, ao precipitarse mentres realizaba o seu traballo nun tellado do lugar da Carballeira, no concello pontevedrés da Estrada.

O 112 Galicia tivo constancia do incidente ás 12:15 horas. Segundo a información facilitada polos profesionais sanitarios, o operario sufriu unha caída dende, aproximadamente, catro metros de altura, ao tratar de baixar dunha estada.

Debido á gravidade das lesións, os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron ao helicóptero e trasladaron o ferido ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Ademais, co obxectivo de prestar apoio ao equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061,  solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Desde o 112 informouse tamén aos membros do GES da Estrada e de Protección Civil.