Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Tres persoas feridas nunha colisión múltiple en Barro

Tres persoas resultaron feridas esta mañá nun choque no que se viron implicados outros tantos coches. Ocorreu no punto quilométrico 7 da PO-531, á altura da parroquia de Curro.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para dar conta do sinistro ás 11:10 horas.

Nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ribadumia e de Pontevedra, da Garda Civil de tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barro.