Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Rescatados os catro tripulantes dunha embarcación de recreo afundida en Porto do Son

Unha embarcación próxima á accidentada trasladou aos catro tripulantes ata o Porto de Porto do Son. Dous dos tripulantes, con síntomas de hipotermia, tiveron que ser atendidos polos servizos sanitarios á súa chegada.

Todo sucedía ao fío das 10:30 horas desta mañá, cando un particular poñía en alerta ao 112 Galicia. Indicaba que acababa de rescatar a catro persoas, que navegaban nunha lancha que afundira.

Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse a Salvamento Marítimo e ao persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén foron avisados os axentes da Garda Civil e de Protección Civil da localidade.

Finalmente, os dous tripulantes foron trasladados en ambulancia ata o Hospital do Barbanza.