Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Buscan a un pescador desaparecido despois de caer ao mar en Valdoviño

Os servizos de emerxencia rastrexan as proximidades da Praia de Baleo, en Valdoviño, na procura dun pescador que desapareceu ao caer á auga.

Foi un compañeiro do pescador desaparecido quen deu conta do ocorrido ao 112 Galicia ao fío das 9:45 horas.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron dous helicópteros de rescate. Así mesmo, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención da Garda Civil, dos voluntarios de Protección Civil de Valdoviño, da Policía Local e do persoal médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que completaron o operativo por terra.

Arestora, os equipos de rescate centran a busca na marxe dereita do areal, concretamente nunha zona rochosa, onde podería atoparse o pescador.