Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

O condutor dun turismo resulta ileso despois de chocar contra unha vivenda en Vigo

Unha saída de vía na parroquia viguesa de Lavadores rematou cun vehículo encaixado contra unha casa deshabitada. Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia polo alertante, o condutor do turismo resultou ileso.

Os feitos tiveron lugar ás 10:30 da mañá de hoxe. A esa hora, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia recibiu o aviso dun accidente en Vigo onde un coche colidira contra un inmoble inhabitado na intersección entre os camiños da Traída das Augas e Pedrosa.

De acordo coas primeiras impresións das testemuñas do suceso, o vehículo circulaba a unha velocidade elevada pola zona e acabara precipitándose por un desnivel, o que culminou con o desafortunado impacto contra unha casa.

Dese xeito, nada máis ter constancia do accidente, desde o 112 pasouse aviso aos profesionais sanitarios e aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Igualmente, informouse tamén aos Bombeiros de Vigo e aos voluntarios de Protección Civil por se fose necesaria a súa colaboración.