Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un menor resulta ferido de consideración ao caer da bicicleta que manexaba en Xinzo de Limia

Un mozo menor de idade resultou ferido de consideración esta mañá despois de caer da bicicleta coa que circulaba en Xinzo de Limia.

Os feitos sucederon no lugar da Pena e, para atender ao ferido, segundo puido saber o 112 Galicia, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado, aínda que finalmente quedou descartada a súa intervención.

Cómpre indicar que Emerxencias 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través dunha persoa particular, ao fío das 11:55 horas e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xinzo de Limia.