Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Unha muller, trasladada despois de ser atropelada nun paso de peóns en Culleredo

Unha muller resultou ferida esta tarde en Culleredo ao ser atropelada nun paso de peóns. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a persoa atropelada tivo que ser trasladada polos efectivos sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Os feitos ocorreron no lugar da Corveira, uns minutos antes das 18:30 horas.

Varios particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do atropelo á muller e indicaron que sucedera na Avenida de Vilaboa.

A partir de aí, os xestores do CIAE-112 puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, de Protección Civil e dos Bombeiros de Arteixo.