Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Aparece o corpo sen vida dunha persoa flotando nun río de Vigo

Un veciño localizou esta tarde o corpo sen vida dunha persoa cando flotaba no río en Vigo.

Tralo achado, a persoa contactou co 112 Galicia minutos antes das seis da tarde para indicar que o corpo encontrábase no río, á altura do Muiño do Aigón, na parroquia de Beade. Decontado, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia poñia o suceso en coñecemento dos Bombeiros de Vigo, 061-Urxencias Sanitarias e axentes da Policía Nacional, que pouco despois confirmaron o falecemento da persoa.

De momento, descoñécense as circunstancias que rodearon o suceso a espera de que á Policia realice ás investigacións pertinentes.

Un veciño da Coruña evacuado nun incendio nun galpón

Unha persoa tivo que ser evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña tras un incendio declarado nun galpón na ronda de Nelle número 95 da Coruña, no que quedou derruido a estructura.

Varios particulares alertaban do sucedido ao CIAE 112 Galicia pasados uns minutos das 13:00 horas sinalando que ardían unhas uralitas do patio interior dun edificio e que saía moito fume, sentíndose pequenas detonacións. Decontado, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaba do ocorrido aos Bombeiros da Coruña, aos servizos sanitarios e aos axentes Policía Nacional. Así mesmo, púxose en coñecemento da Policía Local e Protección Civil da localidade. 

Unha vez sufocado o incendio o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da Coruña confirmou que un galpón contiguo tamén viuse afectado.