Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Un conductor quedou atrapado tras bater co seu vehículo contra un pilar

Os bombeiros liberan a un condutor atrapado nun accidente ocorrido na A-6, no punto quilométrico 546,000, a altura do concello de Aranga.

Pasada as 13:00 horas desta tarde unha persoa que circulaba pola A-6 chamaba ao CIAE-112 Galicia para informar do suceso. No seu relato, indicaba que un vehículo 4x4 tipo "pick up" batera cun pilar dunha ponte. Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico, o 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Betanzos, e ao GES Curtis. Así mesmo informouse a persoal de mantemento da vía.

Según puido saber o CIAE-112 Galicia, unha vez liberada a persoa foi trasladada polos servicios sanitarios que alertaron a unha ambulancia e o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

Atropeladas
Por outra banda, o 112 Galicia tivo constancia de dous atropelos ocorridos esta tarde en Vigo e en Malpica.

En Vigo, unha persoa particular alertaba do accidente ao 112 Galicia e, de inmediato, os xestores do 112 Galicia pasaban o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, aos Bombeiros de Vigo e a Protección Civil.

Por outra banda, en Malpica, tivo lugar un atropelo dunha muller no lugar de Santa Catalina preto da farmacia, despois das 17:00 horas. Acto seguido, dende o 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento da Policía Local, do GES Ponteceso, Bombeiros de Carballo e Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito, informouse aos servizos sanitarios que finalmente decidiron trasladar á persoa.

Accidente na A-52
Por último, unha colisión por alcance no que se viron implicados tres vehículos obrigou a cortar o carril dereito e central da A-52, no punto quilométrico 301,500 sentido Vigo, cando varios condutores informaban do suceso pasadas as 18:00 horas informando dunha colisión. Con eses datos, o persoal do CIAE-112 Galicia alertaba aos axentes da Garda Civil de Tráfico, ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, ao 061-Urxencias Sanitarias e Policía Local e Protección Civil das localidades do Porriño e Ponteareas.