Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Unha persoa, trasladada despois de ser atropelada en Vigo

Unha persoa resultou ferida esta tarde en Vigo ao ser atropelada na rúa Teixugueiras, á altura do número 22. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser trasladada ao Hospital Povisa.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do accidente. Indicaba no seu relato que a persoa atropelada se atopaba inconsciente e convulsionaba.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Vigo.

Un incendio obrigou a desaloxar un edificio na Coruña sen rexistrar danos persoais

Unha persoa particular foi quen informou pasadas as 17:45 horas dun incendio nunha vivenda de cinco andares da Travesía Cordelería, no número 1, na Coruña. Ademais, indicaba no seu relato que os veciños desaloxaban o edificio e que o lume era de orixe eléctrico e as lapas saían polo tellado.

Con toda a información, informouse aos Bombeiros da Coruña e á Policía Local que informaban de que o lume fora nun cadro eléctrico e apagado polos propios veciños. Así mesmo, ningunha persoa viuse afectada.