Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Falece o condutor dun camión despois de envorcar o camión que conducía en Mos

Un home faleceu en Mos despois de envorcar o camión que conducía tras caer por unha ladeira en A Gándara, á altura do cambio de rasante.

Nada mais recibir a chamada do alertante, ás 15:00 horas desta tarde, o 112 Galicia informou decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil e aos efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias da localidade, que tras chegar ao lugar, confirmaron que o condutor estaba atrapado no interior do camión. Tamén, os Bombeiros de Baixo Miño se desprazaron ao lugar nada mais ser alertados polo 112 Galicia e liberaron ao condutor falecido do interior do vehículo.

Nestes intres, agardase a chegada dunha guindastre para a retirada do camión.

Ferido de consideración un operario en Vilalba ao caerlle enriba unha árbore

Un operario resultou ferido de consideración esta tarde na localidade lucense de Vilalba ao caerlle unha árbore enriba, mentres realizaba traballos no monte.

O accidente ocorreu pasados uns minutos das 16:30 horas desta tarde, nunha zona de monte moi preto da rotonda grande de Vilalba. A esa hora, os servizos sanitarios comunicaban ao 112 Galicia o traslado do traballador ao Centro de Saúde da localidade. Polo que, os xestores de emerxencias informaron aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Ao mesmo tempo, os profesionais sanitarios informaban da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o Centro de Saúde.  

Unha vez no lugar, os axentes solicitaron ao 112 Galicia a saída dos Bombeiros de Vilalba, posto que, o traballador foi evacuado nun coche particular e debido á dor causada polas lesións producidas, era necesaria a intervención dos Bombeiros para sacar ao home do interior do turismo.

Finalmente, os efectivos de Protección Civil confirmaron o traslado do ferido na aeronave, desde o Centro de Saúde ata o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Laboral en Pereiro de Aguiar
Por outra banda, ao fío das 18:30 horas, os servizos sanitarios comunicaban ao 112 Galicia da saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense para o traslado doutro operario. Neste caso, segundo indicaron, tratouse dun traballador ferido ao ser atropelado por unha máquina.

O accidente ocorreu nun taller de maquinaria situado en Cachamuíña, en A Lamela, na localidade de O Pereiro de Aguiar. Tras recibir a chamada de alerta, o 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil.

Os servizos sanitarios de urxencia confirmaron o traslado do ferido no helicóptero ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.