Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Trasladado con queimaduras nas mans o propietario dunha vivenda ao incendiárselle a cociña en Cangas

O dono dunha vivenda situada na Rúa de Longán, en Cangas resultou ferido con queimaduras nas mans ao incendiárselle a cociña. Segundo informaron os membros de Protección Civil ao 112 Galicia, o home, foi trasladado ao centro de saúde da localidade polos mesmos axentes da Policía Local.

Foi o mesmo propietario quen, sobre as 15:30 horas desta tarde, alertou ao 112 Galicia. Indicou que lle ardía a cociña pero que non había feridos.

Decontado, os xestores de emerxencias puxeron en alerta aos Bombeiros do Morrazo, á Policía Local e a Protección Civil. Os Bombeiros de Vigo tamén foron informados.

Tras chegar ao domicilio, os Bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que non foi precisa a súa intervención. Comprobaron xunto cos membros de Protección Civil que o incendio, no que ardeu unicamente a campá extractora, quedara totalmente extinguido e deron por finalizado o servizo.