Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

O GALI intervén en Lousame con material absorbente para conter o combustible que derramou o camión accidentado esta mañá

O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) desprazouse ata Lousame para intervir na contención do combustible derramado no regato de Tállara,  a causa do camión que se incendiou esta mañá tras saírse da vía e caer por un terraplén e cuxo condutor tivo que ser evacuado ao Hospital Clínico de Santiago polos servizos sanitarios de urxencia.

O GALI desprazouse cun C.R.G de 1.000 litros e distinto material absorbente  para frear o combustible derramado. Ademais dos técnicos de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e persoal do distrito forestal da zona, interviñeron  no operativo posto en marcha polo 112 Galicia, nada máis recibir a chamada de alerta, os Bombeiros de Boiro, GES de Brión, voluntarios de Protección Civil de Lousame e os efectivos do servizo local de emerxencias de Boiro, así como persoal do servizo de mantemento da Deputación.  

A esta hora, agárdase por unha guindastre de gran tonelaxe para mover o camión e permitir aos profesionais rematar o seu traballo. En calquera caso, segundo se lle notificou ao 112 Galicia a situación está controlada.