Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Unha persoa cae dun tellado en Trazo

Unha persoa resultou ferida de consideración a causa da caída dun tellado en Trazo.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 15:30 horas de hoxe, cando o ferido estaba a colocar unhas tellas. Tras a chamada dunha persoa particular ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, púxose en marcha un operativo no que participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron ao lugar a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Tamén foron informados os axentes da Garda Civil.

A chuvia provoca algunhas inundacións na localidade ourensá de Verín

As precipitacións recollidas esta tarde na localidade ourensá de Verín provocaron algunhas inundacións nas rúas de Vicente Risco, Avenida de Laza, Rúa Mayor e Xesús Taboada Echevite.

En concreto, víronse afectados garaxes, vivendas e rúas, pero sen causar danos persoais.

A partir das cinco desta tarde, o 112 Galicia comezou a recibir as primeiras chamadas de veciños que daban conta da situación creada pola chuvia. Decontado, o persoal do Centro Integradod e Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros de Verín, así como aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil.