Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Un operario evacuado en helicóptero despois de ser esmagado por un tractor nun taller en Touro

Un traballador dun taller en Touro resultou ferido de consideración este mediodía ao pasarlle por encima unha roda dun tractor.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 13:00 horas. Sucedeu no lugar da Xesteira, na parroquia de Bama.

Debido á gravidade das feridas do varón, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata unha zona próxima o helicóptero medicalizado con base en Santiago, no que foi trasladado a un centro hospitalario.

Foi o persoal sanitario quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia e, decontado, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que apoiaron aos efectivos médicos na evacuación do ferido.