Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Unha persoa resulta ferida e un cabalo perde a vida tras unha saída de vía en Melide

A saída de vía dun vehículo que transportaba un cabalo saldouse cunha persoa ferida e con o animal morto na tarde de hoxe. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, o coche, que trasladaba o animal coa axuda dun remolque, saíuse da vía mentres circulaba pola estrada que une Melide e A Coruña.

Como consecuencia da brusquidade da manobra, o cabalo caeu do vehículo e non sobreviviu ao impacto. A persoa ferida foi evacuada ao centro hospitalario de referencia.

Os xestores do 112 Galicia tiveron coñecemento do suceso ás 17:30 horas. Nese momento, un particular chamou ao 112 para informar dun accidente na AC-840, á altura do punto quilométrico 49.

Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia avisouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arzúa e aos membros de Protección Civil de Melide.

Co fin de garantir as condicións de seguridade na vía, desde o 112 Galicia tamén informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Para efectuar a retirada do corpo do animal solicitouse a colaboración dos servizos de conservación da estrada.