Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Perde a vida un mozo despois de caer dun edificio de seis andares, en Vigo

Un rapaz faleceu esta tarde ao caer a un patio de luces dun edificio de seis andares da Avenida de Castrelos, en Vigo.

Debido a gravidade das feridas do menor, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un equipo médico ata o lugar onde sucederon os feitos. Malia os esforzos do persoal sanitario, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Foron varias as persoas particulares quen, ás 17:30 horas, chamaron ao 112 Galicia para alertar do suceso. De contado, os xestores de Emerxencias Galicia puxeron a situación en coñecemento, ademais dos profesionais sanitarios, dos axentes da Policía Nacional e Local, que tratan de esclarecer as causas do suceso.

Os profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias -GIPCE- tamén foron informados para prestar atención especializada á familia.