Alertas activas:

Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

O condutor dun turismo resulta ferido despois de colidir cun camión en Vigo

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta tarde a un condutor que resultou ferido despois colidir co seu coche cun camión grúa en Vigo.

Ocorreu ás 16:45 horas de hoxe na VG-20, á altura da saída do Polígono Industrial, sentido Rebullón, tal e como alertaron varias persoas particulares que chamaban ao 112 Galicia para dar conta do accidente.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vigo, pois existía a posibilidade que o ocupante estivese atrapada no interior do turismo. Unha vez no lugar do accidente, puideron comprobar que o ocupante estaba liberado e accesible, polo que descartaron empregar o material de excarceración.

Ademais, o persoal do 112 Galicia informou do accidente aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local, aos voluntario de Protección Civil da localidade e aos recursos de limpeza e mantemento da vía.

Trasladan a unha muller por inhalación de fume tras producirse un incendio na súa vivenda en Pontevedra

Unha muller necesitou asistencia médica tras inhalar fume dun incendio orixinado na súa cociña da Rúa Valentín Paz Andrade, en Pontevedra.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada dunha persoa particular ás 13:30 horas. Indicaba que ardía unha cociña e aseguraba que había unha persoa afectada polo fume.

Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, informados polos xestores de Emerxencias 112 Galicia, para atender a persoa, que presentaba síntomas de intoxicación por inhalación de fume como consecuencia do incendio na súa cociña.

O fume partiu dun obxecto que estaba no lume e espallouse pola cociña. Para sufocar o incendio, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Pontevedra. Ademais, informouse aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Herida unha muller no Saviñao despois de caerlle enriba o teito dun pendello

Unha persoa ferida e o resultado dun derrubamento dun tellado na parroquia de Ousende, no concello lugués do Saviñao.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o teito do pendello caeu enriba dunha persoa, e como consecuencia do golpe, unha muller resultou ferida.

Por iso, foi evacuada ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos para recibir os coidados necesarios. Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao lugar do accidente acudiron os axentes da Garda Civil e os membros de Protección Civil da localidade.

Compre sinalar que Emerxencias 112 Galicia tamén puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Chantada, aínda que se descartou a súa intervención ao confirmar que a muller estivera atrapada.