Escuchar
sábado, 9 Xuño, 2018

Volve a abrir ao tráfico a AG-55 en sentido Coruña despois de que esta mañá se detectase unha mancha de aceite que afectaba ao tramo comprendido entre Paiosaco e Arteixo. 

Sobre as 11:00 horas de hoxe, a empresa concesionaria da vía informou, a través do 112 Galicia, da reapertura da circulación entre os quilómetros 28 e 9 unha vez finalizados os traballos de limpeza e restablecemento de seguridade na vía. Igualmente, indicaron que, a causa da mancha, chegouse a producir un accidente cun so vehículo implicado, que tamén foi retirado da vía.

Cómpre salientar que a alerta saltou preto das oito desta mañá, cando os axentes da Garda Civil, tras producirse o accidente, comprobaron que había na zona unha mancha de aceite que abranguía o tramo comprendido entre Paiosaco e Arteixo, polo que solicitaron a intervención dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Arteixo.