Escuchar
venres, 7 Xuño, 2019

Un corpo foi achado esta mañá aboiando preto dunha batea no termo municipal pontevedrés de Vilaboa.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos uns minutos despois das 8:30 horas a través da chamada dunha persoa particular.

Nada máis ter constancia, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, a Salvamento Marítimo, ao 061-Urxencias Sanitarias e a Protección Civil de Vilaboa.

Arestora, os servizos de emerxencia traballan na recuperación do corpo para confirmar a identidade do cadáver.