Escuchar

 

Dentro da operación “Plan de dotación operativa para servizos de emerxencias municipais e supramunicipais destinado a tarefas de prevención, reacción e recuperación de situacións de emerxencia derivadas de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima, coordinadas dende o Centro Integrado de Atención de Emerxencias Galicia, nos anos 2017 e 2018” executáronse as seguintes actuacións:

 

Contratos adxudicados no ano 2018 no marco da liña de actuación 5.2.1.3. Medidas destinadas á mellora da dotación de equipamentos, instalacións e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e outros fenómenos relacionados co clima.

Título da actuación do procedemento de contratación

Importe de adxudicación

Porcentaxe da cofinanciación comunitaria

Galería de imaxes

Adquisición de oito (8) vehículos furgóns de útiles varios de resposta rápida en emerxencias

427.856,00 €

80%

Ver

Subministración de seis (6) motos acuáticas con remolque de transporte e padiola de rescate para prevención e actuación en emerxencias, mobilizadas e coordinadas desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia)

171.820,00 €

80%

Ver

Subministración de catro (4) equipos de corte, separación, elevación e tracción de altas prestacións (excarceración), para tarefas de rescate e actuación en emerxencias

223.566,46 €

80%

Ver

 

 

Contratos adxudicados no ano 2018 no marco da liña de actuación 5.2.1.2. Medidas destinadas á mellora da dotación de equipamentos, instalacións e infraestruturas destinadas á prevención e xestión de riscos nos ámbitos de emerxencias e protección civil.

Título da actuación do procedemento de contratación

Importe de adxudicación

Porcentaxe da cofinanciación comunitaria

Galería de imaxes

Adquisición de once (11) vehículos todo camiño destinados ás unidades medioambientais (UMA) da unidade de policía adscrita á Xunta de Galicia, para tarefas de prevención e investigación de accións contra o medio ambiente e de apoio na protección civil, mobilizadas e coordinadas dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia)

298.999,00 €

80%

Ver