Escuchar
mércores, 15 Xullo, 2020

Unha muller duns 80 anos foi localizada esta mañá tras unha noite na súa procura en Moeche.

Contras as dez desta mañá os axentes da Garda Civil comunicaron a través do 112 Galicia a aparición da muller, que faltou do seu domicilio na Rúa da Feira, en Moeche.

Foi durante a madrugada cando a familia chamou ao 112 para solicitar máis medios para dar co paradoiro da octoxenaria, a cal non vían desde as seis da tarde de onte.

Ademais de informar á Garda Civil, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos membros do GES de Mugardos. Sen embargo, a primeiras horas desta mañá, a muller foi localizada en boas condicións físicas. Con todo, foi sometida a un recoñecemento médico no Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde da localidade.