Escuchar
domingo, 14 Abril, 2019

Un incendio arrasa por completo unha casa situada no lugar Arrubial, no termo municipal de Mos.

O suceso produciuse pasados uns minutos das 06:00 horas de hoxe. Nese intre, varias persoas particulares informaban ao 112 Galicia do ocorrido. Ademais, indicaban no seu relato que atopábase pegada a outra vivenda. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño, así como dos axentes da Policía Local da localidade. Do mesmo xeito, púxose o suceso en coñecemento da Garda Civil e dos membros de Protección Civil.

Segundo os datos facilitados polos Bombeiros ao 112 Galicia, a vivenda ardeu por completo quedando en pé só a estrutura da casa.

Incendio nun local de hostalería
Tamén rexistrouse un incendio na cociña dun local de hostalería situado na Avenida de Finisterre no concello de Arteixo.

Foi unha persoa particular quen alertou mediante a súa chamada ao 112 Galicia canda pasaban uns minutos das 22:00 horas da pasada noite. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou aos Bombeiros de Arteixo, aos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Unha vez extinguido o lume, os Bombeiros confirmaron que o incendio produciuse ao prender o aceite das frixideiras. Ademais indicaron que ningunha persoa resultou afectada polo fume.