Escuchar
xoves, 6 Setembro, 2018

Os servizos de emerxencia atópanse nas labores de extinción dun incendio declarado nun aeroxerador do parque eólico do Monte Cando, en Cerdedo-Cotobade. O lume, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, provocou danos no xerador e está afectando a unha zona montañosa no lugar de Santa Mariña.

Varias persoas particulares contactaban co 112 Galicia ás 17:30 horas para dar conta do incendio e, nada máis recibir a alerta, dende o 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Ribadumia, á Garda Civil, ao GES da Estrada,  a Protección Civil e ao servizo provincial de incendios forestais.