Escuchar
xoves, 28 Maio, 2020

Un incendio declarado nun almacén situado no interior dun garaxe provocou diversos danos no local e na cocheira, sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, ardeu o mobiliario que se atopaba no interior do almacén e o fume afectou a varios turismos.

Os feitos sucederon na rúa Atalaia, ao fío das 14:00 horas.

Foi a Policía Local quen alertou do incendio ao 112 Galicia e, decontado desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, á Garda Civil e a Protección Civil.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume quedou extinguido preto das 17:50 horas.