Escuchar
mércores, 4 Xullo, 2018

Localizan o corpo dunha persoa flotando no río Umia,  na localidade pontevedresa de Caldas de Reis.

A uns minutos das 12:30 horas deste mediodía, un particular informaba ao 112 Galicia do achado. Indicaba que acababa de ver a unha persoa flotando no río. Unha patrulla da Policía Local que, neses intres se atopaba pola zona, confirmou ao persoal do 112 que a persoa xa a tiñan fora da auga e que a estaban tratando de reanimar.

Decontado, os profesionais do CIAE puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario e da Garda Civil. Do mesmo xeito, informaron aos Bombeiros do Salnés, GES de Valga e Protección Civil da localidade.

Finalmente, os servizos sanitarios pese aos intentos de reanimación, confirmaron o falecemento da persoa.