Escuchar
mércores, 23 Setembro, 2020

Un home foi atopado este mediodía falecido no interior dunha das casetas de socorrismo da Praia de Rodeira, en Cangas.

Sobre as 14:30 horas, efectivos de Protección civil da localidade comunicaban a súa saída cara o areal ao 112 Galicia. Indicaban que foran avisados pola Policía Local dun home falecido nas casetas da Praia.

Desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan constancia do suceso, e á Garda Civil.

Unha vez no punto, os membros do servizo municipal de Protección Civil confirmaron que o home estaba falecido.