A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) achega a súa experiencia no uso dos drons no I Foro de Técnico da Civil UAVS Initiative organizado pola Axencia Galega de Innovación e que inaugurou o Conselleiro de Economía Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde Lopez, e a directora da GAIN, Patricia Argerey Vilar.
Cómpre salientar que a Axega é, xunto coa de Valencia, pioneira no uso de drons en intervencións reais. De feito, é debido á súa experiencia, ten participado en diversos foros e procesos de investigación co obxectivo de seguir incrementando a eficacia na utilización deste tipo de aparellos.
Deste xeito, o xerente da AXEGA, Marcos Araújo, destaca a importancia da innovación e a investigación ao servizo das emerxencias por canto incrementa as posibilidades de éxito fronte á frustración.